Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Visita ao sistema de rego en Librâo e balance

Pois aquí estamos… no noso último día na Cámara de Santa Cruz.

A semana pasada escribin un mail ao Fondo Galego no que lles plantexaba a seguinte cuestión, ¿Podo repetir?. Creo que con estas dúas palabras resumo a miña experiencia en Cabo Verde!.

A verdade é que poder compartir un mes colaborando na illa de Santiago, foi como vos fun comentando nos meus post, unha das máis grandes experiencias vitais que me tocou vivir ata o de agora…. Se me estades lendo posibles candidatos á participar no programa “Vacacións con Traballo” o vindeiro ano, non o dubidedes, vale moitísimo a pena reservar as vosas vacacións a vivir esta aventura, a cal vos fará crecer enormemente no persoal e no profesional. Se quen me estades lendo sodes algun responsable dalgunha Administración, non dubidedes en colaborar co ” Fondo Galego” xa que a súa labor é enorme nas súas zonas de actuación; para as administracións é un esforzo moi pequeno a cambio dunha gran labor con aqueles que máis o precisan.

Onte visitamos as actuacións do Fondo Galego na rexión de Librâo, na que tamén se levou a cabo o investimento no sistema de rego gota a gota para fomentar un aproveitamento da agricultura sustentable.

Deixovos este enlace a un vídeo que o departamento de Comunicación da Cámara realizou por mor da nosa visita e que resume perfectamente a funcionalidade do proxecto.

https://www.facebook.com/camaramunicipal.santacruz/?pnref=story

Este proxecto beneficiou a un total de 29 persoas, das cales 11 eran homes e 18 mulleres. Os criterios de selección dos beneficiarios,atenderon como vos comentei na entrada referente ao Sistema de rego na rexión de Boqueirao, a criterios de prioridade social.

IMG_0894

Imaxe dalgúns dos beneficiarios do proxecto

O orzamento total do proxecto foi de 3.630.000 escudos e supuxo a implantación de máis de 800 metros de tubería para abastecer unha ampla extensión de cultivo de banana, mandioca, papaia e demáis vexetais.

IMG_0895

Imaxe sistema de rego gota a gota na rexión de Librao

O sistema gota a gota permite obter un maior rendimento da auga, o cal é vital nun país no que apenas chove e cuio motor económico son a agricultura e a pesca.

O sistema de rego por goteo so está conectado nos tempos da seca, a maior parte do ano, e permanece desconectado durante as tempadas de choivas, xa que as mesmas son tan intensas que de permanecer conectado reventarian as tuberias.

O sistema alimentase da auga que se acumula nun “reservatorio”, e a partir de ahí a través do bombeo dun motor, é como a auga chega aos cultivos.

IMG_0892

Imaxe do reservatorio de Librào

Os beneficiarios do proxecto adicaronnos unhas palabras de enorme gratitude para co Fondo Galego e a súa enorme labor.

IMG_0908

María Xosé, un dos agricultores beneficiarios e máis eu

Polo que respecta á miña labor dentro do Departamento de RRHH podo contarvos que foi de gran aproveitamento profesional.

Cando o Fondo Galego me comunicou cales serían as miñas funcións dentro da Cámara, debo recoñecer que pensaba que o funcinamento interno desta administración sería totalmente distinto ao de calquera dos nosos Concellos, ou administracións públicas, pero por sorpresa para min non é así; dentro da Cámara municipal de Santa Cruz existen os mesmos problemas burocráticos, de xerarquía,de ética no traballo ou de motivación que acontecen en España.

De ahí que unha das miñas primeiras propostas fose a elaboración dunha enquisa de clima laboral. A Responsable de RRHH comentoume que estaban a darse uns elevados índices de absentimos sen xustificar, que moitas persoas non sentían como propio o traballo da Cámara e que isto redundaba nun mal servizo.

Foi por esta razón que elaborei unha enquisa con 95 preguntas nas que se abordaban aspectos como a relación cos compañeiros, cos superiores xerarquicos, a conformidade ou non co espezo físico que ocupa o traballador, co material do que dispón, así como temas relativos aos salarios, gratificacións etc.

IMG_0994

Proposta enquisa clima laboral

Para o Vereador de RRHH foi moi intereante plantexar a realización deste cuestionario, xa que pode axudar a detectar as debilidades na xestión das persoas dentro da Cámara e por tanto mellorar a súa eficiencia.

Os resultados da enquisa aínda non os temos, dado que un mes e moi pouco tempo para elaborar un cuestionario, pasalo aos traballadores ( máis de 500) e analizar os datos, de todos os xeitos a responsable do departamento pasaramos unha vez os teña.

Na mesma liña, de cambiar as ” malas conductas” adquiridas polos funcionarios, propuxen reformular a xestión dos pedidos de licencias. Ata o de agora, o sistema para solicitar as vacacións tiña que ser por escrito, pero a solicitude de calquer outro permiso, consistía en non asistir ao posto, e ao día seguinte comunicarllo ao responsable político, isto xeraba, que moitos departamentos permanecesen pechados por falta de persoal, causando un importante detrimento dos servizos públicos que a Cámara presta.

Así, a partir do mes de novembro, os permisos xestionaranse a través dun modelo único de solicitude, que fai constar previamente ao disfrute dun día, o consentimento ou non do responsable do departamento, e  do Secretario Municipal.

IMG_0993

Imaxe dos documentos coas miñas propostas

Outra das labores que levei a cabo e que xa está a “medio funcionar” dende esta semana, foi a implantación dun sistema de Rexistro de Entradas e Saídas único. Ata o de agora a xestión do rexistro de entradas caracterizabase pola duplicidade no tratamento da documentación ( todos os documentos que entraban na Câmara pasaban en primeiro lugar polo Rexistro, despois polo Gabinete do Presidente, e en última instancia polo departamento encargado de xestionalo), isto traduciase na demora na xestión das solicitudes dos veciños. A miña proposta consisteu en centralizar todo no Rexistro, o cal, contando con persoal cualificado, só tería que identificar o departamento responsable para levar a cabo o expediente, dixitalizar a solicitude, para que a mesma quede reflectida no propio rexistro en caso de perda, e deste xeito axilizar o tratamento dos datos. Así mesmo, non existía ata o de agora un rexistro de saídas, a miña proposta, foi na liña da centralidade do Departamento de Rexistro e na dixitalización de toda a documentación.

A proposta tivo unha gran aceptación por parte dos responsables técnicos e políticos e en breves estará implantada.

Pero ao abordar todas estas reformas, detectamos un problema de gran calado dentro do funcionamento interno da Câmara; a falta dun código deontolóxico así como dunha lei de protección de datos nacional.

Santa Cruz é un municipio principalmente rural, no que todo o mundo se coñece, o que xera que moita documentación confidencial tratada polos funcionarios municipais, saía da Cámara.

Tentamos, por tanto elaborar un código ético interno, o problema foi que ao non ter unha Lei de Protección de Datos que nos sirva de soporte legal, é un pouco complicada a súa implantación dentro da Câmara. Aínda así, elaboramos unhas pautas de boa conducta sustentadas no principio básico de ” funcionario como servidor público”, é por tanto, como salvagarda dos dereitos e da privacidade que todas as persoas que precisan dun trámite administrativo teñen. A ver que tal funciona….

Para levar a cabo todas estas reformas foi preciso pola miña parte elaborar unha formación enfocada aos xefes de departamento e aos vereadores, esta tarde experei os puntos máis claves da mesma, e presentareilla ao Presidente da Cámara.

IMG_0996

Portada da presentación da “formación en RRHH”

E ata aquí as miñas entradas no blog dende Cabo Verde, esta fin de semana adicaremola a disfrutar das noites de Praia e da festa do Millo que se celebra o domingo, e xa a semana que ven vos contarei  dende Galicia como foi todo.

Quero aproveitar o meu último post dende Santa Cruz para agraceder unha vez máis a oportunidade que me brindou o Fondo Galego, grazas a Daniel, a Andrea, a Roberto, grazas á responsable do blog ( perdoa que olvidase o teu nome… son fatal para os nomes…. jeje), Agradecer tamén á Câmara de Santa Cruz o trato que nos dou e especialmente á nosa coordinadora Paula Pina (que sei que nos lee), muiitoooo obrigada Paula por todo, pola túa total implicación persoal e por facer tan fácil a nosa estadía aquí!!! e tamén quero agradecer a Belmiro, Vereador de Agricultura e Presidente en funcións durante case que todo o noso mes en Santa Cruz, todo o que fixeches por nós… vémonos en Madrid! 😉 sen dúbida levamos dous grandes amigos para sempre e un recordo imborrable dunha experiencia inolvidable!!!

06102015-_MG_6045

Maria Xose e eu co Presidente e os Veadores en funcións da Câmara

FOTO (2)

María Xosé, Paula Pina e eu

!!!! Muiitooooo obrigadaaaa!!!!!!!!!!

Deixar un comentario

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 30, 2015 por en Uncategorized.