Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Racismo

20151021_182536

O racismo existe e fica presente nas noites caboverdianas. Xa podes tomar as precaucións debidas que os mosquitos prefiren facer estragos entre os foráneos antes que tocar a un lugareño.

No meu caso, e nas noites na que o calor o permite, poño pantalón largo e unha camisa de manga larga. Pois aínda así, de vez en cando descobres un “valente” que tendo onde escoller prefire intentalo  na miña man. Aínda resulta mais molesto comprobar como a xente do lugar non adopta ningunha medida de protección e pasa a noite de charla en pantalóns curtos e camisola de manga corta.

Mais aló da broma, o certo é que  polo visto existe unha excepción a este “racismo”. Tivemos aloxado con nos ao director arqueolóxico das escavacións dunha igrexa do lugar. Este home, de trato sinxelo e amigo da conversa, resultou ser o xefe do departamento de arqueoloxía da Universidade de Cambridge o cal explicoume que a solución para que non picasen era ser fumador. Presumía de non ter que preocuparse mentres acendía a súa pipa. Toda unha personaxe.

Outra das cousas que marcaron o meu día a día foron os galos e porcos. Os primeiros por estar permanentemente nunha competición entre eles que non entendía de hora. Nin sequera era o saír o sol, xa estaban practicando toda a noite!. A cuestión interesante sería saber cando demo dormen.

Os porcos son outros dos protagonistas do lugar e fan as ledicias dos fotógrafos compulsivos.

Un pode encontrar os porcos o aire libre acompañados dos leitóns por medio da rúa. Non teñen medo algún e saben aproveitar unha boa sombra. Dende a Cámara Municipal intenta evitarse  que, aló menos  en Cidade Velha, os porcos anden ceibes e para elo comezaron a impoñer multas.

20151017_094708

Outro elemento imprescindible da noite durante as primeiras semanas foi o ventilador. A humidade que tiñamos era tan forte que a primeira sensación segundo baixei do avión foi comprobar como as miñas mans rompían a suar as 11 da noite  sen estaren a facer esforzo algún.

As comidas, por encargo da Cámara municipal, sempre as facemos no mesmo restaurante. Un chiringo de praia con bonitas vistas ao mar e rexentado por Juan, o español que leva 18 anos na illa. Este canario que saíu en “Españoles por el mundo” forma parte da paisaxe do lugar. A carta é limitada pero suficiente para nos, entre os pratos principais podemos escoller entre varios tipos de peixe fresco grelado ou algo de carne.

20151024_122852

Na próxima entrega remato coas conclusións da estancia.

Deixar un comentario

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 31, 2015 por en CV Ribeira Grande , , .