Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Epílogo

“Si ka badu / Ka ta biradu”  é una frase atribuída ao poeta caboverdiano Eugénio Tavares aínda que de uso frecuente naquel país historicamente afeito á diáspora. Figura no Monumento ao Emigrante, sito no aeroporto internacional de Praia, na Ilha de Santiago. A súa tradución podería ser algo así como “É preciso marchar / para poder volver”. Chegar e partir, dúas caras da mesma viaxe. Encontros e despedidas. Por iso, sempre que se parte, hai que facelo anticipando a alegría do regreso. Esta sinxela frase podería resumir, se algunha, ese fondo sentir, alegre ao tempo que inexorable, do pobo caboverdiano.

Monumento_ao_emigrante,_Praia,_Cape_Verde

Foto de Xandu con Licencia Creative Commons

As achegas máis obvias da miña participación no programa “Vacacións con Traballo” teñen que ver co encontro cunha cultura distinta e coa superación dos medos e inseguridades que elo supón. Iso inclúe vencer tamén as reservas alimentarias e hixiénicas que pode ter unha europea media nun país empobrecido, aínda que dos chamados “de desenvolvemento medio”. Dunha vivencia deste tipo só se sae dun xeito: con máis madurez e fortaleza.

Por outra parte, “Vacacións con Traballo” supuxo para min a posibilidade de acceder a información, a realidades, persoas e mesmo lugares doutro xeito inaccesibles. E isto por varias razóns.

Nela Xixi - Ribeira Seca (17)

A primeira ten que ver coa longa e consolidada labor de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde, e nomeadamente no municipio de Santa Cruz, o que fai que sexa unha entidade recoñecida e ben valorada. Non hai dúbida de que iso abre moitas portas.

A segunda ten que ver co feito de eu ser unha traballadora municipal do Concello de Santiago de Compostela, e a miña colaboración foi tamén nunha Cámara municipal. Así é que a adaptación profesional foi rápida, fluída, polos puntos que hai en común co meu traballo habitual, aínda que tamén haxa outros contrastantes. Así é que no plano profesional este mes resultou moi ilustrativo e, por iso mesmo, satisfactorio.

A última das razóns ten que ver co turismo, no que “o País das dez Illas” ten depositadas moitas esperanzas. Nese contexto, a contribución dunha técnica local de turismo chegada “da Espanha”, unha potencia mundial do sector que conta ademais cunha especialmente boa reputación en Cabo Verde, é obxecto de moita atención e dun honesto afán de aprender. Non preciso explicar que non pode haber unha compensación maior.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Novembro 7, 2018 por en Blogs 2018,Cabo Verde 2018.

Navegación

%d bloggers like this: