Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Mozambique 2018

Boas:

Chámome Manuel Fuentes e fun seleccionado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade para desenvolver un  proxecto como Técnico Informático en Mozambique, dentro do programa “Vacacións con traballo 2018”. O traballo ten como obxectivo a organización dunha base de datos para a área de Acción Social da Fundaçao Encontro, ONGD mozambicana que nace no 2011 para apoiar de forma integral ás comunidades de Boane e Naamacha. Esta é a miña primeira publicación neste blog e dalgún xeito, o comezo da miña viaxe. Paso a facer as presentacións.

Traballo dende hai máis de 30 anos na Deputación da Coruña, no departamento de informática, na actualidade Servizo de Sistemas e Soporte. Comecei como programador de aplicacións, e do mesmo tempo que avanzaba o tempo, e a informática tamén o facía case que á mesma velocidade, fun alonxándome da programación de aplicacións e achegándome máis aos sistemas. Traballei como programador de sistemas uns anos, e na actualidade son Analista-Programador na Sección de Sistemas, do Servizo de Sistemas e Soporte da Deputación da Coruña, onde fago tarefas principalmente de administración dalgúns dos sistemas que dan soporte á xestión informática da Deputación de dos Concellos da Provincia.

Presentei a miña solicitude para este interesante programa de voluntariado dirixido ao persoal da Administración Pública de Galicia. Parecéume unha gran oportunidade de contribuir coa miña colaboración e cooperación, achegando a miña experiencia profesional e os meus coñecementos, cunha ONGD. Non é cousa habitual que as ONGDs soliciten informáticos para os seus proxectos de voluntariado, e se un ten certas inquedanzas no eido da cooperación e o desenvolvemento coas comunidades máis desfavorecidas, semellaba ser unha boa oportunidade de participar directamente. Tiven o privilexio de ser o candidato seleccionado.

Viaxarei a Mozambique no mes de outubro, aos distritos de Boane e Naamacha, que xuntan unha poboación de máis 100.000 habitantes, na provincia de Maputo, ao sur do país. Aínda que estas poboacións están preto da capital, Maputo, son zonas rurais bastante empobrecidas nas que a Fundaçao Encontro, que é o parceiro, fai un labor insustituible nos eidos da infancia, ensino e saúde. O meu traballo consistirá principalmente na asistencia técnica e apoio para o deseño, organización e posta en funcionamento dunha base de datos e tamén a formación do equipo no manexo da mesma. Esta ferramenta servirá de apoio e fortalecerá a área de Acción Social da Fundaçao, contribuindo a que poida dispoñer dunha información clara e manexable, e que poidan acadar os seus proxectos dun xeito máis eficiente. Teño confianza en que o traballo a desenvolver nesta viaxe contribúa a mellorar algúns aspectos na vida destas comunidades.

A miña seguinte publicación será xa sobre o terreo, e tentarei describir tanto o traballo a desenvolver como unha primeira visión da convivencia nun país tan distante e diferente.

Fund_Enc

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Agosto 7, 2018 por en Mozambique 2018.
%d bloggers like this: