Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Khanimambo!!!

Vacacións con traballo xa vai quedar na miña vida como unha experiencia inesquecible, da que tanto e tanto aprendín, na que rin, chorei, disfrutei, sufrín, cantei, “dansei”…

Empezou sendo un pouco duro, todo se me facía estraño, mesmamente tiña a impresión de estar vendo unha película. Cando me preguntaban por como era a miña experiencia só falaba de todo o que nos diferenza: de se as casas, que se as rúas, que se a paisaxe… O traballo era moi distinto ao que estou acostumada, tanto en recursos como na organización e na forma de desenvolvelo. E sobre todo a forma de ser distinta que temos, dende os hábitos e costumes, ata a comida, a forma de vida, mesmo a forma de camiñar me chamaba a atención.

A medida que ía pasando a miña estancia, fun preguntando as curiosidades que tiña, fun coñecendo máis xente, convivindo e participando nas actividades da vila, o que me levou a aprender un montón pero sobre todo… A comprender!!!

Xa non encontraba diferenzas, senón todo o contrario, dábame conta de que aínda que vivamos no outro lado do mundo temos moitas cousas en común: o amor ás nosas familias, a veciñanza, o orgullo das nosas costumes e da cultura… E que na vida todos procuramos o mesmo: mellorar o noso mundo, as nosas vilas, as nosas familias, a nosa vida!!!

Para rematar, quero dar as grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por facer un programa tan bonito e elixirme, ao Concello de Rianxo por ser socio do Fondo -o que me permitiu participar-, á miña familia, amigos, compañeiros e veciños polo ánimo e cariño, e ao Municipio de Mandlakazi  e a todas as persoas que coñecín alí, por coidarme e recibirme tan ben. GRAZAS, MUITO OBRIGADA, KHANIMANBO.

Uxía Cespón, técnica de Mocidade do Concello de Rianxo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 25, 2017 por en Uncategorized.
%d bloggers like this: