Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Algunhas propostas de cooperación

Xa rematei as miñas Vacacións con traballo, máis aínda teño moito que contar. Hoxe quería falar de dúas propostas de cooperación que se desenvolven no municipio de Mandlakazi: a Elizabeth Glaser Pediatric AIDS Foundation (EGPAF) e Asociación de Mulleres Empresarias e Executivas de Mozambique (ACTIVA).

A primeira é unha organización sen ánimo de lucro dedicada á prevención da infección pediátrica do VIH e á eliminación da SIDA pediátrica mediante programas de investigación, promoción e prevención, coidado e tratamento. Fundada en 1988, EGPAF apoia actividades en 19 países de todo o mundo, entre eles Mozambique. Os programas de actuación baséanse en: prevención da transmisión do VIH as crianzas, probas de VIH, coidado e tratamento para nenos e adultos, fortalecemento de sistemas de saúde, compromiso comunitario, información e avaliación estratéxica.

Nestas semanas estaban desenvolvendo un programa de prevención, no que realizaban actividades socioculturais (teatro, documentais…) nas comunidades para concienciar das formas de prevención do VIH-Sida e da importancia de recibir os tratamentos.

 

ACTIVA fundouse en 1990 co obxectivo de apoiar o papel das mulleres no desenvolvemento económico do país. Mais hoxe en día os seus proxectos son numerosos, posto que procuran unha atención integral das familias, mediante diversos programas que abarcan todas as etapas da vida e todas as comunidades. Traballan directamente coas familias, nas súas casas e comunidades, vendo cales son as necesidades que teñen en canto a saúde, educación, vivenda, etc. e buscando os recursos e medios que precisan para mellorar as súas vidas. O persoal desta asociación encontrase con moitas dificultades para realizar o seu traballo, como a falta de recursos ou o non ter medios de transporte, pero póñenlle moita vontade e corazón.

Uxía Cespón, técnica de Mocidade do Concello de Rianxo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 4, 2017 por en Uncategorized.
%d bloggers like this: