Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A muller en Mandlakazi

Xa case vou rematar a miña estancia en Mandlakazi e quería contarvos as historias de algunhas mulleres que coñecín aquí.

A muller é a figura principal da familia, non só se encarga da casa e da crianza dos fillos, senón que tamén busca autoempregos cos que poder aportar diñeiro ao fogar. As familias son moi grandes, adoitan ter cinco ou máis fillos, e moitas veces teñen que coidar tamén de netos, sobriños, veciños que quedaron orfos, etc.

O traballo na horta, venda nos mercados, costura… son algunhas das actividades máis habituais as que se adican.

Todo se complica cando estas mulleres quedan viúvas, abandonadas polos seus maridos, vítimas de violencia de xénero. Teñen que facerse cargo das crianzas, sen ningún tipo de axuda.

Esto foi o que lle aconteceu a estas tres mulleres:

Marta Mañica, de 40 anos, nai de 4 fillos, que se dedicou á venda e hoxe en día ten unha tenda na que vende productos diversos.

Yudit Cosc, nai de cinco fillos, abandonada polo seu marido cando estaba embarazada de dous meses da súa filla máis nova. Montou o seu negocio vendendo animais: porcos, galiñas…

Gloria Titos, nai de 3 fillos, montou un negocio de venda de sopa e almorzo.

Non foi unha tarefa doada para elas tomar as rendas desa situación, máis contaron coa axuda da asociación Gender Links, que lles deu apoio e formación para autoempregarse e saber xestionar os seus negocios, ademais de apoio social, tratando de mellorar a súa autoestima.

Hoxe en día elas forman parte de Gender Links en Mandlakazi, e apoian igualmente a mulleres en situacións como a que elas pasaron, ademais de facer campañas de sensibilización sobre a igualdade de xénero e a violencia de xénero.

Para rematar, e tratándose de mulleres mozambicanas, presentovos a Carminha, vereadora de Asuntos Sociais, que ademais de coidarme e ensinarme todo aquí, é tamén unha muller batalladora, que soubo resolver as complicacións que lle puxo a vida, sempre con alegría e cariño.

Uxía Cespón, técnica de Mocidade do Concello de Rianxo.

20170925_123504.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Setembro 27, 2017 por en Uncategorized.
%d bloggers like this: