Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Acción Social

Estes días coñecín o Servizo Distrital de Saúde, Muller e Acción Social de Mandlakazi. Este é un organismo dependente do Ministerio de Saúde de Mozambique. Atende unha área cunha estimación de poboación arredor de 195.000 persoas.

20170915_091613.jpg

Os seus eidos de traballo son: protección á infancia, atención as familias, con especial incidencia na muller, atención a idosos (terceira idade), atención aos presos, atención a persoas con discapacidade e programa de asistencia sanitaria.

Son moitas as áreas de actuación, máis fanno conxuntamente coas asociacións e organismos que actúan na zona. Realizan un seguimento dos casos, e procuran os recursos necesarios para solventar as necesidades dos usuarios.

Un dos seus proxectos é o Centro Comunitario Aberto, onde idosos con poucos recursos poden acudir dous días a semana, martes e venres. Alí danlles o almorzo e a comida, fan actividades como costura, cestería e tamén conversan, cantan e bailan en compañía:

Gústalles moito que estea con eles, sempre contándome historias e ensinándome cantos e danzas. Kanimambo!!! Muito obrigada!

20170915_100616.jpg

Uxía Cespón, técnica de Mocidade do Concello de Rianxo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Setembro 20, 2017 por en Uncategorized.
%d bloggers like this: