Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Preparando as miñas Vacacións con Traballo

Son Uxía Cespón, técnica da área de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Rianxo.

Fai dous anos, a miña compañeira do concello Ana faloume do programa Vacacións con Traballo do Fondo Galego, no que participou pasando o seu mes de vacacións en Cabo Verde. Empecei a seguir o seu blogue e a ver as outras experiencias que estaba desenvolvendo o Fondo Galego, e decidín inscribirme para participar nas vindeiras edicións. Este ano fun elixida para participar no programa, en Mozambique, concretamente no Municipio de Mandlakazi, cuxa alcaldesa é tamén a presidenta da Rede de Mulleres Autarcas de Mozambique.

Cando o ano pasado vin que un dos postos ofertados para o programa era o de técnica en igualdade en Mozambique pensei que iso era exactamente o que quería facer. Cando estaba na universidade cursando Educación Social, todos os traballos e exercicios que tiñamos que facer en canto a dereitos humanos e cooperación internacional sempre os fixen sobre a muller en Mozambique:

O meu labor no Concello non é propiamente o de técnica de igualdade, pero si realizo moitas tarefas vinculadas a esta área: conciliación, formación con mulleres mozas, actividades de prevención… Ademais, sendo un tema de grande interese para min, realicei moitos cursos e participei en xornadas a redor da temática da igualdade de xénero.

No momento en que me comunicaron que ía participar no proxecto de Vacacións con Traballo empecei a preparalo todo: idioma, xeografía, situación política, informes sobre a situación da muller, da mocidade, organismos que traballan en materia de xénero, e outras cuestións loxísticas da viaxe: vacinas, voos, moeda, horario…

Tamén chamei a Malena, técnica do Concello de Ourense que participou o ano pasado no programa e estivo traballando coa Rede de Mulleres Autarcas de Mozambique. Durante a nosa conversa de case dúas horas, Malena contoume a súa experiencia, advertiume das diferenzas culturais, de todos os obstáculos que se atopara, pero tamén de todos os beneficios persoais que lle aportara.

Seguín buscando información, mirando documentais, películas, libros sobre Mozambique, África, a cooperación… Este mes que falta para a partida creo que non vou facer máis que ler e ver películas sobre Mozambique e África…

E en todo este tempo empezaron a xurdir medos, dúbidas, e a plantexarme que era o que realmente podo aportar eu. Vou ser útil? Estarei á altura do proxecto?

O que si sei é que o estar no terreo vaime permitir ver en primeira persoa todo o que levo estudado e investigado sobre Mozambique: Como é Mozambique? Como son as súas xentes? Cal é a situación do país? A situación das mulleres? Da infancia e da mocidade? É real todo o que estiven lendo e investigando sobre as mulleres en Mozambique?

E tamén moitas preguntas que sempre cuestionamos a redor da cooperación internacional: é real o traballo no país? Son efectivos os programas de cooperación que alí se desenvolven? Son proxectos acorde da realidade de Mozambique? Cal é o traballo do Fondo Galego no terreo?

Intentarei contar todo neste blogue, o meu traballo, as miñas vivencias, experiencias, impresións, todo a través do meu parecer, dos meus ollos e da miña cámara.

Uxía Cespón, técnica de Mocidade do Concello de Rianxo.

Advertisements

2 comentarios en “Preparando as miñas Vacacións con Traballo

  1. Andrea
    Xullo 28, 2017

    Esa geni como mola se merece una ola!!!

  2. malenadjr
    Agosto 18, 2017

    Moita sorte Uxía, xa verás como todo vai saír moi ben e vos vades a enriquecer mutuamente. Dalle recordos a María Helena e a todas esas boas xentes da miña parte. Ánimo!!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xullo 28, 2017 por en Blogs 2017.
%d bloggers like this: