Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O prezo da liberdade

Aproveitamos o ecuador da nosa viaxe para falarvos de dous  lugares que nos impactaron e emocionaron: o poboado dos Rabelados e o Museo da Resitencia.

Os Rabelados (rebeldes en crioulo) son unha comunidade relixiosa que se atopa no interior da illa de Santiago. Formáronse a partir de grupos que rexeitaron as reformas na litúrxia católica, introducidas ao redor dos anos 40 do século XX, e que mantiveron as súas antigas tradicións na clandestinidade, pasando a vivir illados do resto da sociedade. Foron denunciados e perseguidos, nalgúns casos deportados a outras illas e moitos deles chegaron a ser detidos.

A maior comunidade que se conserva na actualidade vive na localidade de Achada Espinho, no Concello de São Miguel, un lugar afastado e de difícil acceso. Moitas familias, sempre numerosas, aínda viven en casas feitas de palla, cubertas con follas de coco e, normalmente, o interior está dividido en dous cuartos. Na maioría dos casos as familias son lideradas por mulleres. As súa economía de autoconsumo baséase nas actividades agrícolas e a cría de galiñas e porcos. A produción dunha variada artesanía sustenta a única actividade comercial que desenvolven cos visitantes  que se achegan ata este lugar, símbolo de resistencia e espírito libre.

Para facer fronte á liberdade , á oposición política, e á resistencia  aos réximes totalitarios que proliferaron en Europa, foi levantado o Campo de Concentración do Tarrafal. Recebeu aos seus primeiros presos  xustamente 80 anos antes da nosa visita, o 29 de outubro de 1936.  Nesta primeira fase acolleu a antifascistas, e non só portugueses, senón tamén represaliados doutros reximes europeos, incluído o español. Máis tarde foi denominado Campo de Traballo de Chão Bom, e nel foron encarcerados anticolonialistas de Cabo Verde, Angola e Guinea-Bissau.

O tamén coñecido como “campo da morte lenta” estivo en funcionamento durante máis de 30 anos durante os cales os malos tratos, o illamento, as humillacións, as torturas, os traballos forzados e a escasa alimentación eran empregados ata o límite da resistencia de calquera ser humano. “Não estou aquí para curar, mas para assinar certidões de óbitos”, esta declaración feita polo médico do campo dá fe do obxectivo para o que foi creado. O día 1 de maio de 1974, e como consecuencia da Revolución dos Cravos, o campo volveu abrir as súas portas, mais desta vez para restituir a liberdade dos presos que aquí quedaban.

Hoxe, reaberto como Museo da Resistencia, é un lugar de dolorosa memoria. Ao igual que a figura dos Rabelados, permanece, precisamente, como un  símbolo de resistencia e independencia, dando testemuño do alto custo que pode chegar a ter a liberdade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Novembro 3, 2016 por en Cabo Verde 2016.
%d bloggers like this: