Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Illa de Santiago, dende a praia ata a montaña

Despois dos primeiros días de presentacións e toma de contacto, comenzamos a realizar o traballo de campo ou, o que é o mesmo, a percorrer cada un dos municipios que compoñen as illas de Santiago, Fogo e Brava. Estas tres illas sitúanse na parte suroccidental do arquipélago de Cabo Verde e forman parte do que aquí coñecen como as illas de Sotavento.

O noso traballo consiste en visitar o territorio, identificar  potencialidades turísticas e ofrecer apoio técnico á Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos sobre o desenvolvemento do turismo sostible.

Polo de agora visitamos cinco municipios da illa de Santiago, máis concretamente Praia (capital do país), Ribeira Grande, São Domingos, São Lourenço dos Orgãos e São Salvador do Mundo. Aínda que nos queda moito por coñecer, nestes días xa pudemos facernos unha idea da riqueza natural e cultural que existe neste país, e o enorme interese que teñen en todos os concellos para fomentar o turismo.

Descubrimos o legado histórico cos inicios da colonización portuguesa, o comercio de escravos e o proceso de independencia do país en Praia e Cidade Velha, esta última Patrimonio da Humanidade.

Nos concellos do interior sorprendeunos a beleza das súas montañas e a vexetación dos vales, dun extraordinario verdor nesta altura do ano. Fomos ben recibidos porque trouxemos con nós a tan necesaria chuvia, este ano haberá unha boa colleita e a festa do millo (o día 1 de novembro) vaise celebrar por todo o alto.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vos fagades unha idea do privilexiados que nos sentimos…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 28, 2016 por en Cabo Verde 2016.
%d bloggers like this: