Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

“Cabo Verde: un país, 10 destinos”

20161019_201127

O noso primeiro día estivo adicado ás presentacións e toma de contacto cos directivos e persoal técnico da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos, ANMCV. Así mesmo, visitamos as sedes do Ministerio de Turismo, do Ministerio de Agricultura e Ambiente e do Instituto Nacional de Xestión do Territorio, onde fomos recibidos polos respectivos directores e directora xeral.

Coñecimos de primeira man a importancia que o turismo ten para o desenvolvemento económico e social deste país. Cabo Verde recibe anualmente 500.000 turistas, número que o actual goberno quere aumentar ata o millón no horizonte do ano 2020. Este sector ocupa a un 30% da poboación activa e aporta un 21% do PIB, o que da una idea de por que a administración considera o turismo coma un sector estratéxico.

Na Xornada de Reflexión Sobre as Potencialidades Turísticas de Cabo Verde, celebrada na sede da Cámara Municipal de Praia, tivemos a fortuna de compartir experiencias con responsables da área de turismo de cada un dos concellos.

Foi grato comprobar a ampla formación e coñecementos que as persoas con responsabilidades políticas teñen sobre as potencialidades dos seus territorios, así como dalgúns perigos  e erros que xa cometeron. Existen importantes e interesantes proxectos que desexan e necesitan  poñer en marcha para acadar un desenvolvemento sostible desta industria.

Como conclusión final, podemos dicir que en Cabo Verde sobran ideas mais necesita investimentos. Estamos seguros de non enganarnos se afirmamos que, nun futuro próximo, estas illas serán un destino de moda, e non só en Europa.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 20, 2016 por en Cabo Verde 2016.
%d bloggers like this: