Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Rumbo a Cabo Verde

Ola!

Somos Sonia e Ramón, técnicos de turismo dos concellos de Ames e de Ourense, respectivamente. Escribimos neste blog porque  fomos as persoas seleccionadas para participar na edición 2016 de Vacacións con Traballo en Cabo Verde. Este é un programa de voluntariado internacional que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén desenvolvendo dende hai 11 anos en paises como Mozambique, Perú, Cuba e Nicaragua.

img-20161017-wa0042

Estamos xa no aeroporto de Lisboa a piques de embarcar con destino Praia, capital  do arquipélago de Cabo Verde, onde colaboraremos en diferentes proxectos de mellora e fomento do turismo sostible nas illas de Santiago, Fogo e Brava. Neste reto, ademais do respaldo do Fondo Galego, estaremos baixo a dirección da Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde (ANMCV).

Como toda aventura esta tamén comenzou cunha sorpresa. Compartimos viaxe ata Porto coa nosa gaiteira universal de pelo verde, Cristina Pato. E falando de pelo, un de nós decidiu facer un cambio de imaxe total para emprender esta aventura… Observade as dúas fotos e atopade as diferenzas!

copia-de-img_1903

Brincadeiras aparte, viaxamos coas nosas maletas cargadiñas de ilusión, vontade de aprender, de compartir experiencias, e como non, tamén cun bo feixe de nervios…

Iremos dando boa conta das nosas experiencias neste blog.

Acompañádenos!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 17, 2016 por en Cabo Verde 2016.
%d bloggers like this: