Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Despedida?

 

Hai días que non publico ningunha entrada pero é que, esta última semana foi, se cadra, aínda máis intensa cas anteriores.

img-20161014-wa0005

Tocou finalizar traballos; sistematizar datos, ultimar o deseño da plantilla de recollida de información e aplicala ao traballo de campo, reunións de coordinación e avaliación…(darei conta desta parte máis técnica na memoria que publicará o Fondo).

Tamén novas experiencias; recepción na casa do embaixador de España en Mozambique con motivo do Día da Hispanidade, paseo por Maputo, cea de ocio en Massaca…

 

…mais coido que, ademáis do anterior, dunha forma inconsciente o que estaba a facer era demorar a única entrada que non quería escribir, a de despedida.

 

img-20161014-wa0007

Non son capaz aínda de asimilar e poñer orde a todas as vivencias deste mes de “Vacacións con Traballo”. Son moitas, intensas, contradictorias…as imaxes desordeadas que estou a insertar son un intento por reflectir este caos.

Camiñei polas aldeas observando a desigualdade, a fame, a enfermidade, o abandono institucional sen máis presenza de apoio que a da Fundaçao Encontro.

 

Coñecín moitas historias de vida, de nenos, mulleres, de familias e de persoas xenerosas como María José Castro…súmome ao agradecemento de Carles Francino en “La Ventana” http://cadenaser.com/programa/2016/10/07/la_ventana/1475848682_442853.html 

 

img-20161014-wa0006

 

Gocei cos nenos da Casa do Gaiato constatando que, con compromiso e responsabilidade, é posible vivir con dignidade en calquera lugar do mundo.

Escoitei moitas cancións, paseei pola facenda, rin cós voluntarios, despraceime en ambulancia por eses camiños imposibles, comín “caril de amendoim”, tentei falar changana, chorei…

 

Eu regreso enriquecida e coa certeza de que sí que podemos promover cambios, “estamos juntos”?

img-20161014-wa0004

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 17, 2016 por en Mozambique 2016.
%d bloggers like this: