Vacacións con Traballo

Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Turismo sexual, desprazamento da poboación local e perda de identidade. Impactos negativos do turismo tamén en Nicaragua.

image

Durante as miñas #vacaciónscontraballo adico as fins de semana a visitar outras zonas de Nicaragua. Son unhas minivacacións dentro das vacacións que permiten aproximar o lugar que poden ocupar Somoto e Madriz no sistema turístico do país. Na planificación turística é importante coñecer o entorno para identificar aliados, detectar á posible competencia, anticipar tendencias ou aprender das boas e malas prácticas doutros. Esta labor é necesaria pero nada doada debido a gran cantidade de variables que temos que analizar e que non sempre estan relacionadas directamente co sector. Hai que prestar atención, aínda que moitas veces quedan en segundo plano, aos impactos negativos que a actividade turística xera sobre os territorios e socieades onde se instala. Sempre se fala das bondades da entrada de divisas, da creación de emprego, da modernización ou do multiculturalismo e casi nunca do prezo que hai que pagar para acadar eses niveis de “desenvolvemento”
O venres pola noite, na cidade de Estelí, tiven unha conversa, coa dona do hotel no que estaba aloxado. Comentaba que ela, como outros moitos nicaragüenses, estaba moi triste polas trasformacións que o turismo trouxo a lugares como a cidade de Granada ou algunhas praias do sur do Pacífico. Falaba da “invasión” de xubilados “gringos” que mercaban casas e propiedades, do pouco respecto pola tradición arquitectónica local de moitas novas construcións e obras de rehabilitación, da expulsión da poboación local das áreas turísticas debido aos elevados prezos (baratos para un turista pero imposibles para un autóctono), do trato desigual que imparten as forzas de seguridade (barra libre para os blancos e control para os “morenos”) ou da renuncia de moitas prácticas culturales por un sentimento de inferioridade respecto os costumes dos visitantes. Tampouco lle gustaba ver como os impactos positivos se concentraban en puntos moi concretos sendo alleos para a maioría dos granadinos.
O que máis me impactou, imaxino que pola miña inocencia ou por asociar este tema con outros lugares máis referenciados, foi a conversa que tivemos sobre, segun ela, os “índices vergonzosos” que o turismo sexual e tamén a pederastia estaban acandando nalgunhas zonas de praia. A combinación de desigualdade económica, a sensación de impunidade e o “mirar para outro lado” da sociedade e das administracións crean un caldo de cultivo no que todo vale para gañar dineiro e ter contento aos turista.
Tamén escoitei comentarios destas prácticas en Costa Rica, país en teoría modelo en cuestións de turismo sostible, detallando unha cruda realidade onde, en ocasións, son os propios pais os que negocian o prezo dos “servicios” a satisfacer polos seus fillos e fillas.
Pensaredes que este tema non encaixa na liña normal do blog pero, como dixen antes, hai que coñecer o entorno e os impactos negativos do turismo para evitalos e correxilos. O desenvolvemento consiste en buscar o equibro entre as vertente ecónomica, social e ambiental polo que o crecemento turístico debería insertarse dentro de políticas trasversais que procuren estes obxectivos. Estou en Nicaragua para aprender pero tamén para colaborar facendo algunha aportación ao intento de convertir o turismo nunha opción de desenvolvemento. Por ese motivo é necesario falar destes temas e estar alerta para evitar que a actividade turística se convirta en outro instrumento que consolide e amplíe as relacións en clave de abuso e dependencia entre o norte e os países do Sur. Ese equilibro é clave e pode acandarse estando atento a estas variables. Sempre será mais doado abusar dun neno sin recursos, sin formación e sin esperanza que dun neno coas necesidades cubertas, protexido pola comunidade e que recibira estímulos para pensar que posible acadar un futuro mellor.

image

Algúns "paraísos" agochan auténticos "infernos" debido ao turismo sexual

Un saúdo dende Nicaragua.

Advertisements

Acerca de autoxiro

dando voltas e máis voltas

Un comentario en “Turismo sexual, desprazamento da poboación local e perda de identidade. Impactos negativos do turismo tamén en Nicaragua.

  1. Pingback: Cinco estilos de promoción turística en cinco países de Centroamérica | AUTOXIRO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 14, 2013 por en Nicaragua 2013 , .
%d bloggers like this: