Blog sobre o programa de voluntariado en países do sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
En 24 horas comezan as miñas “vacacións con traballo” e saio rumbo a Nicaragua. Levo tanto tempo falando do tema que moita xente pensa que estou de volta pero aínda non marchei. Neste blog compartirei a experiencia para tentar achegar a realidade tanto da zona como do proxecto no que o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade colabora co INPRHU de Somoto.
Aínda que escribo en primeira persoa formo parte dun proxecto colectivo onde o máis importante e fortalecer os lazos de cooperación cos países do “sur”, neste caso Nicaragua, e traballar pola mellora das condicións de vida dos seus habitantes. No meu blog comentei as primeiras impresións depois de coñecer a selección para esta viaxe pero o importante comeza mañá.
Subirei ao avión ilusionado e cargado de preguntas pero sobre todo agradecido ás persoas e institucións que me animaron a pasar as vacacións dun modo distinto e fixeron posible que forme parte deste gran proxecto.
Comeza a aventura. Comeza o relato dunha historia na que farei moitas cousas por primeira vez.
P. D. sorte a Chus na suas vacacións en Cabo Verde
Emilio Cuíñas
Grazas Emilio! eu saio manha! seguirei a túa aventura!!! Moita sorte!